martes, 25 de febrero de 2014

BRILÉ. 3º

Os nenos e nenas de 3º a través do aprendizaxe cooperativo coñeceremos todo o que implica unha competición deportiva. Comprenderemos a importancia de xogar en equipo, de traballar todos xuntos/as para conseguir un obxectivo común, coñeceremos os distintos roles dun equipo e da necesidade de ter un comportamento deportivo e de respecto ante os nosos compañeiros/as, ante os xogadores/as dos outros equipos e ante os árbitros. Aquí tedes unha presentación con todo o falado na primeira sesión da unidade e os documentos relacionados co Brilé.

Publish at Calameo or read more publications.


Roles nos equipos      Regras de xogo

Comezo dos partidos  Entrega de premios

Sistema de puntuación  Quecemento

Acta do Partido    Ficha de práctica diaria


Exemplo de trofeos

Necesitamos un vaso grande de plástico duro, unha botella de auga de 3 ou 5 litros e tiras de plástico (dunha carpeta vella). Podemos darlle cor cun spray (con moito coidado).

Estes son os trofeos do curso pasado.
Todos os equipos participantes entregarán un trofeo para a competición de Brilé polo que todos sumarán 10 puntos máis na súa clasificación. 






 
 


miércoles, 19 de febrero de 2014

A ODISEA E A GUERRA DE TROIA.

A aventura está a punto de comezar! Os nenos/as de 3º ciclo realizaredes unha viaxe ao pasado para participar en dúas das historias máis lendarias da humanidade:
  • 5º curso acompañará a Odiseo no seu retorno a Ítaca.
  • 6º curso participará na conquista da mítica cidade de Troia.
Aquí tedes uns vídeos para que vos fagades unha idea do que vos espera.

A ODISEA

A GUERRA DE TROIA


A MAZÁ DA DISCORDIA


miércoles, 12 de febrero de 2014

viernes, 7 de febrero de 2014

DANZAS DO MUNDO 5º CURSO: ALUNELUL. RUMANÍA.

Os nenos/as de 5º realizaron unha adaptación da danza rumana Alunelul.  Custou un pouco pero ao final conseguimos o noso obxectivo. Felicidades.







lunes, 3 de febrero de 2014

DANZAS DO MUNDO: SHOSHOLOZA. SUDÁFRICA.

Shosholoza é unha palabra zulú que significa "ir cara a diante" ou "deixar paso ao seguinte", e recorda tamén a onomatopea que produce o tren a vapor (stimela) do que fala a canción. Shosholoza cantábana os traballadores de camiño ás minas. Unha posible tradución:
Segue adiante
segue adiante
sobre aquelas montañas
tren de Sudáfrica
Segue adiante
segue adiante
sobre aquelas montañas
tren de Sudáfrica
Vaste afastando
vaste afastando 
sobre aquelas montañas 
tren de Sudáfrica