viernes, 31 de enero de 2014

jueves, 23 de enero de 2014

DANZAS DO MUNDO: MENOUSIS. GRECIA

Os nenos e nenas de 3º ciclo coñeceron a triste historia de Menousis e a través desta danza descubrimos algúns dos encantos que ten Grecia. 
No segundo vídeo podedes coñecer toda a historia de Menousis cantada por Vangelis e Irene Papas.

















martes, 21 de enero de 2014

SEJAN RUTA. LITUANIA.

Os nenos e nenas de 2º ciclo demostraron as súas habilidades como danzantes interpretando de forma xenial a danza lituana Sejan Ruta.Aquí tedes a proba.




Sejan Ruta Lituania 4º from efsaday on Vimeo.

Lituania por Fabrizzio de 4º



DANZA DOS SETE SALTOS. DINAMARCA.

Comezamos o repertorio de danzas do mundo cunha danza de Dinamarca: Os Sete Saltos e despois de moitos ensaios, xiros, risas e de pasalo moi ben xunto cos nosos compañeiros/as aquí podedes ver o resultado final. Ademais podedes coñecer moitas cousas de Dinamarca grazas a información que os nenos/as de 1º ciclo recopilaron.


lunes, 20 de enero de 2014

DANZAS DO MUNDO

Durante o mes de xaneiro teremos a oportunidade de coñecer diferentes países a través das súas danzas, viaxaremos por Dinamarca, Lituania, Grecia... e sempre xunto cos nosos compañeiros/as cos que bailaremos, saltaremos, xiraremos, riremos e sobre todo pasarémolo moi ben. 
Como dixo a bailarina e coreógrafa estadounidense Martha Graham "os grandes bailarins non o son pola súa técnica se non pola súa paixón" e no CEIP Sada y sus Contornos demostraremos que somos uns grandes apaixonados da E.F. e da danza. A bailar.....

  • Primeiro ciclo: Danza dos Sete Saltos (Dinamarca) e A pequena vendedora de flores (Yemen).
  • Segundo Ciclo: Sejan Ruta (Lituania) e A Raspa (México).
  • Terceiro Ciclo: Menousis (Grecia) e Alunelul (Rumanía).
Gran parte dos materiais utilizados nas nosas clase proceden do blogue de Begoña Rodríguez  http://danzasdelmundo.wordpress.com/, moitas grazas por compartir toda esa marabillosa información.